Axuda do LibreOffice 25.8
Contén información básica sobre o ficheiro actual.
Mostra o nome do ficheiro.
Exhibe o tipo de ficheiro do documento.
Exhibe a ruta e o nome do cartafol onde está almacenado o ficheiro.
Exhibe o tamaño en bytes do documento.
Exhibe a data e a hora en que o ficheiro se gardou pola primeira vez.
Exhibe a data, a hora e o autor da última vez que o ficheiro se gardou en formato de ficheiro de LibreOffice.
Mostra o modelo empregado para crear o ficheiro.
Exhibe a data e a hora en que o ficheiro se asinou pola última vez, así como o nome da persoa que asinou o documento.
Abre a caixa de diálogo Sinaturas dixitais, na que se poden xestionar as sinaturas dixitais do documento actual.
Exhibe a data, a hora e o autor da última impresión do ficheiro.
Após a impresión, un documento debe ser gardado para manter os datos de Última impresión. Non se avisa disto ao pechar un documento non gardado.
Mostra o tempo durante o que o ficheiro estivo aberto para edición desde que foi creado. O tempo de edición actualízase ao gardar o ficheiro.
Exhibe o número de veces que se gardou o ficheiro.
Garda o nome completo do usuario co ficheiro. Pode editar o nome escollendo - LibreOffice - Datos de usuario.
repón o tempo de edición a cero, a data de creación para a data actual e tempo, eo número de versión para 1. As datas de modificación e impresión tamén son excluídas.
Garda unha miniatura de visualización no formato PNG dentro do documento. Esta imaxe pode ser usada por un xestor de ficheiros baixo determinadas condicións.
Para desactivar a xeración de miniaturas en xeral escolla . Prema o botón e busque GenerateThumbnail. Se esta propiedade ten o valor true, prema nela dúas veces para que pase a ser false.
Marque esta opción para seleccionar a resolución de imaxes preferida en puntos por polgada, que se emprega como padrón ao inserir unha imaxe nun documento do Writer, Impress ou Draw e mude o seu tamaño de acordo co valor da caixa de lista.